Zeltia inaugura as Xornadas de Rock Artesán do Rock in Río Tea.

Como gañador do concurso de bandas 1000 euros e 500 birras Galician Brew, recollerán o seu premio o domingo 6 de Xuño actuando na Fábrica de Galician Brew, ás 13:00 h en sesión «Beermú». A súa será a primeira do ciclo «Rock Artesán no Río Tea» coa que se abrirán os actos do festival en Rock in Río Tea 2021, e que iremos coñecendo os próximos días. Será con aforo limitado, respectando as medidas sanitarias vixentes e con reserva gratuíta, para o que deberedes inscribirvos na seguinte ligazón:

https://www.eventbrite.com/e/entradas-zeltia-non-rock-artesan-do-rio-tea-153951457955

Pregámosvos máxima comprensión e respecto ás medidas de protección establecidas, e tamén que, en caso de realizar unha reserva e que non poidades asistir, anuledes dita reserva para que outra persoa poida gozar da actuación.

Concurso de «Bandas»: 1000€ + 500 Birras Galician Brew

Concurso de bandas Galician Brew

Concurso  de Bandas «1000€ + 500 Birras ‘Galician Brew’»

 

  • letra da canción coa que participades debe ser en galego, ou en caso de estar en outro idioma, deberás engadir os subtítulos en galego no vídeo.
  • Prazo de inscrición: Ata o 14 de Marzo.
  • Elección da banda gañadora: De entre todas as inscricións elixiranse 20 vídeos. 10 se seleccionarán por votación popular na rede, e outras 10 polos membros do Rock in Río Tea. Entre as 20 finalistas, un xurado de gurús do rock and roll elixirá por votación a banda gañadora.
  • O premio: 1000 euros + 500 birras Galician Brew especialmente elaboradas para o concurso. Para recibir o premio, a banda gañadora deberá dar un concerto na fábrica de Galician Brew. A actuación en directo é condición esencial para o cobro do premio. En caso de que a banda non poida realizar a actuación o premio pasará para ó segundo clasificado. Si este non puidera actuar, o premo quedaría deserto.

Realiza a túa inscrición no seguinte enlace enchendo o formulario e incluíndo o vídeo da canción coa que participades