‘Festa V Aniversario’ de Galician Brew

Ola Curuxeir@s!

Estamos de celebración, non podemos deixar pasar de longo unha data tan importante para nós.

Cumprimos cinco anos desde que empezamos coa aventura de facer cervexa auténtica e nosa Curuxa botou a voar.

O próximo 4 de Setembro a partir das 21h abriremos as portas da nosa «Casa Franca» para festexar con todos vós. Haberá música, cervexa e algunha que outra sorpresa.

Lembra respectar as normas de seguridade.

Aforo Limitado?

Reserva a túa praza:

✉️ info@galicianbrew.com
? 604068137