BASES DO CONCURSO DE BANDAS ROCK IN RÍO TEA 2022

1.- Inscrición no concurso

  • A inscrición é gratuíta.
  • Requisitos para a inscrición: os compoñentes dos grupos deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 16 presentando unha autorización do seu titor/a legal para a súa participación no Concurso.
  • Os compoñentes dos grupos só poderán pertencer a unha banda das preseleccionadas. En caso de incumprir esta condición a organización poderá descualificar a unha das bandas afectadas.
  • O repertorio das bandas pode ser propio ou versionado, non podendo superar as versións o 40% do tempo da actuación.
  • Para inscribirse, as bandas deberán completar o formulario da páxina web https://www.galicianbrew.com/concurso-de-bandas-rock-in-rio-tea-2022 indicando:
    • Correo electrónico (requerido)
    • Teléfono de contacto (requerido)
    • Nome da banda (requerido)
    • Rider da banda (requerido)
    • Enlace á canción principal. Pedímosvos que nos enviedes a vosa canción máis representativa, o voso mellor hit. Poderá estar en spotify, bandcamp, youtube ou calquera plataforma. Deberá ser unha soa canción (requerido)
    • Enlace para escoitar máis música da banda (Canal de spotify, bandcamp, youtube, etc…) (requerido)
    • Canal de videos da banda. (opcional)
    • Enlace de facebook da banda (opcional)
    • Instagram da banda(opcional)
    • Dosier da banda (opcional)
  • A data límite de inscrición será o 1 de marzo de 2022. A organización do Concurso resérvase o dereito a ampliar este prazo.

2.- Preselección de grupos

  • De todas as bandas inscritas, a organización do concurso elixirá 8, que serán as que concursen polos premios.

3.- Formato do concurso

  • O concurso levarase a cabo no Pub JJ Copas de Ponteareas.
  • Haberá tres fases: Primeira Fase, Semifinais e Final.
  • Todas as fases están formadas por eliminatorias entre 2 bandas. A banda gañadora de cada enfrontamento pasa á seguinte rolda.
  • En cada eliminatoria farase un sorteo para decidir que banda é a que toca primeiro.
  • O concerto de cada banda durará 40 minutos, habendo 15 minutos para o cambio de banda.
  • O horario dos concertos acordarase antes do inicio do concurso tendo en conta as posibles restricións de horario de peche que estean vixentes.
  • Haberá unha primeira fase de 4 eliminatorias e os catro gañadores pasarán ás semifinais. A segunda fase (semifinais) constará de dúas eliminatorias, onde os dous gañadores pasarán á final, onde se decidirá o gañador.
  • A organización resérvase o dereito a decidir os emparellamentos nas eliminatorias.
  • En caso de que a organización non acade un acordo cunha banda para as datas das eliminatorias, esta resérvase o dereito de substituír á banda en cuestión por outra das inscritas ou por unha das bandas eliminadas anteriormente, se se dera o caso.

4.- Puntuacións en cada eliminatoria

  • En cada concerto eliminatoria, o gañador decidirase por votación, atendendo a 3 xurados distintos. Cada xurado outorgará 1 punto á banda que considere gañadora:
    • Xurado popular. O local repartirá papeletas coas consumicións para votar aos grupos. Poderanse entregar máis de unha papeleta por persoa (segundo as consumicións). A banda que obteña máis papeletas gañará o punto do público. En caso de empate no reconto de papeletas, o punto do público non será para ningún dos grupos.
    • Xurado do JJ Copas. O local organizador disporá dun xurado que votará internamente quen considera que gañou a eliminatoria. Repartirá, por tanto, o segundo punto da eliminatoria.
    • Xurado de Rock in Río Tea: Un xurado formado pola organización do Concurso votará internamente e outorgará o terceiro punto á banda que considere gañadora da eliminatoria.
    • Ningún dos xurados coñecerá a votación dos outros dous no momento de facer as súas votacións.
    • O gañador será o grupo que obteña máis puntos. En caso de empate, decidirá o voto do Xurado do Rock in Río Tea (Só se podería dar un empate no caso de que se produza empate no reconto do voto do público).

5.- Premios

  • PRIMEIRO CLASIFICADO (Gañador do concurso): 1.000€ e a posibilidade de tocar no vindeiro Festival Rock in Río Tea 2022.
  • SEGUNDO CLASIFICADO (FINALISTA): 400 €.
  • SEMIFINALISTAS : 200 €.

A entrega dos premios realizarase segundo se pasen as eliminatorias. Deste xeito:

  • O gañador obterá 200 € na semifinal e 800 € tras gañar a final para chegar á cantidade de 1000 €.
  • O segundo clasificado recibirá 200 € na semifinal e outros 200 € na final para chegar á cantidade de 400 €.
  • Os semifinalistas recibirán o premio de 200 € na semifinal.
  • Na primeira rolda non se entregará ningún premio.

Non se pagarán gastos de viaxe nin aloxamento, correndo estes a cargo das bandas cando fosen necesarios.

6.- Datas das eliminatorias

  • PRIMEIRA FASE
    • Sábado 12 de marzo de 2022
    • Sábado 19 de marzo de 2022
    • Sábado 2 de abril de 2022
    • Sábado 9 de abril de 2022
  • SEMIFINAIS
    • Sábado 23 de abril de 2022
    • Sábado 7 de maio de 2022
  • FINAL: Sábado 21 de maio de 2022

A organización resérvase o dereito a poder modificar estas datas, avisando ás bandas con anterioridade.

7.- Normas de obrigado cumprimento para as bandas

  • Rider: Como xa indicamos na inscrición, é obrigatorio entregar o Rider da banda e que este se axuste á realidade da formación o día do concerto. En caso de sufrir algún cambio, deberase avisar ao técnico da sala con antelación.
  • Batería: Os grupos deberán aportar e poñerse de acordo na batería a utilizar. Só se permitirá cambiar a caixa e os pratos entre os 2 concertos. En caso de non existir acordo, o técnico da sala decidirá a batería a utilizar. A organización porá a disposición das bandas unha batería de cortesía por si prefiren non traer unha. A batería de cortesía non terá pratos nin caixa, nin pedal de bombo. As bandas deberán levar os seus.
  • Backline: Os grupos deberán aportar e poñerse de acordo na utilización do backline (amplificadores). Se isto non fose posible, será o técnico da sala quen decida. A organización porá a disposición das bandas un amplificador de baixo.
  • Técnico Propio: En caso de que a banda teña un técnico de son propio deberá comunicalo á organización con antelación, e este será supervisado polo técnico da organización.
  • Os días de concerto os grupos deben presentarse na sala co backline acordado á hora acordada polo técnico da sala, que se porá en contacto con eles con antelación.
  • Comportamento: En todo o momento, as bandas deberán ter un comportamento respectuoso coa sala, a organización e o público.
  • En caso de que algunha banda non cumpra algunha destas normas, a organización poderá descualificala e substituíla por outra banda das inscritas ou por unha das eliminadas anteriormente se se dese o caso.

8.- Máis información sobre o Concurso

9.- Suspensión do concurso

  • No caso de ter que suspender o concurso por restricións sanitarias ou calquera outro problema, repartiranse os premios segundo a fase acadada:
    • Suspendido nas eliminatorias previas: non se repartirán premios
    • Suspendido nas semifinais: Os semifinalistas recibirán 200 euros cada un
    • Suspendida a final: Os 2 finalistas recibirán 200 euros máis aparte dos 200 euros por ser semifinalistas