A Nosa Microcervexería

Cervexa Auténtica. Esa é a nosa paixón.

Somos unha micro-fábrica de cervexa galega que facemos cervexas con carácter, únicas e auténticas. A nosa adega está situada na casa familiar no val do río Tea (Padrons, Ponteareas, Pontevedra) nun entorno rural  no que integramos a elaboración artesá coa ilusión de facer un proxecto sostible na nosa orixe.

Usamos ingredientes cen por cen naturais e respetamos o proceso de elaboración natural da cervexa. Auga, malta, lúpulo e levadura, simplemente cervexa auténtica, sen engadidos.

A carbonatación prodúcese polo proceso natural de fermentación, xerada pola propia cervexa e conservada gracias os nosos equipos isobáricos, sen necesidade dunha segunda fermentación en botella nin engadir azúcares. A filtración prodúcese por frío durante o proceso de maduración, por iso as nosas cervexas reducen o máximo  os posos e sedimentos do fermento.

 

Isabel Vieitez Galician Brew

A nosa “Mestra Cervexeira”

Isabel Vieitez, a nosa 'mestra cervexeira', comenzou de maneira autodidacta facendo lotes caseiros de cervexa antes de poder montar a microcervexería.

Formada en decenas de foros, ferias e simposios cervexeiros, Isabel conseguiu acreditarse académicamente en Microcervexería por la Universidade de Alicante e o Instituto da Cervexa Artesana de Barcelona, inda que como boa ponteareana completou a súa formación no CIFP A Granxa de Ponteareas.

A vocación pola “cociña” xa lle ven de familia e a paixón pola cervexa natural e artesá fai que cada cervexa que sae da adega leve unha gran dose de dedicación e cariño.