Cervexa Artesanal 'Miña Terra Galega'

Imaxes do produto

Cervexa Artesanal 'Miña Terra Galega'
€12,00

Dispoñibilidade: En stock

Cervexa Artesanal fabricada en Ponteareas (Galicia)
Tipo de Cervexa: American Pale
Formato de Venda: Botella 33 cl.
Coste unitario: 2,00€+IVA

* Campos obrigatorios

Descripción

MIÑA TERRA GALEGA é unha cervexa rubia de alta fermentación, elaborada a partir da receita das American Pale Ale que recolle a herdanza viaxeira dos galegos, cun pé na casa e outro ao redor do mundo. Cando Costas provou a CURUXA, díxonos sen dubidar, “eu tamén quero unha”. O mellor cantante do mundo ben merece unha cervexa do seu nivel. Unha cervexa viaxeira, con personalidade, rocakrolera e artista. Un tributo ao nosos mellor cantante, un tributo a nosa terra, o mellor lugar do mundo.

Características Técnicas:

  • Cor (EBC) = 8
  • Amargor (IBUS)  = 27 
  • Cont. Alcohol = 5,5% VOL

Ingredientes da cervexa MIÑA TERRA GALEGA

  • Maltas: Pils (Aragón) e Viena.
  • Lúpulos: Summit e Citra.
  • Fermento: Sáfale 05.
Nota de Cata

Aspecto: Miña Terra Galega é unha cervexa cristalina, de cor amarelo e brillante. Espuma branca persistente e una burbulla fina e chispeante.

Aroma: En nariz a presenza das notas cítricas e afrutadas é intensa e sorprendente. Aroma a limón, piña, e froitas tropicais nun balance agradable e personal.

Sabor: En boca o recorrido se inicia co dulzor das maltas para acoller o amargor floral e un final especiado cun toque picante. Seca e intensa, de trago largo e retrogusto persistente.

Maridaxe: Carnes guisadas e asadas, peixe o forno, queixos intensos e patés.

Envío
  • Envío 24/48h a toda España peninsular.
  • Custo do envío: 6,90€
  • Envío GRATIS para compras de máis de 60€.