Cervexa Artesanal 'Curuxa'

Imaxes do produto

Cervexa Artesanal 'Curuxa'
€12,00

Dispoñibilidade: En stock

Cervexa Artesanal fabricada en Ponteareas (Galicia)
Tipo de Cervexa: Lager
Formato de Venda: Botella 33 cl.
Coste unitario: 2,00€+IVA

* Campos obrigatorios

Descripción

CURUXA é unha cervexa rubia, lager (de baixa fermentación) refrescante e afrutada. Elaborada a partir da receta do estilo “Helles” un tipo de cervexa orixinal de Baviera que adaptamos o noso facer. Feita con dous tipos de malta de cebada e malta de trigo. De cor dorado, é unha cervexa refrescante que invita a beber. En boca ten notas afrutadas e leve amargor, presenta unha burbulla fina e unha persistente espuma branca.

  • Cor (EBC) = 8,6
  • Amargor (IBUS)  = 21 
  • Cont. Alcohol = 4,5% VOL

A “Curuxa” anida como na súa casa en Chan de Gándara (Lugar onde se encontra a adega). É habitual escoitala nas noites de inverno coma se estivera asexando. Parte animal, parte mito, a “Curuxa”  é maxia e nos acompaña co seu cantar inconfundible.

Ingredientes da Cervexa CURUXA

  • Maltas: Malta Pils (Aragón),Malta Cara 20, Trigo.
  • Lúpulos: Mosaic, Saphir.
  • Fermento: Saflager 3470

Contén gluten.

Nota de Cata

Aspecto: De cor dorado, o trigo confírelle certa turbidez. Presenta unha burbulla fina e espuma branca, con moi boa retención.

Aroma: O equilibrio entre os lúpulos Mosaic e Saphir da unha mezcla de aromas afrutados e cítricos característico con notas a melón, uva, mango e limón.

Sabor: De trago fácil, seco e refrescante, Curuxa é unha cervexa fácil de beber con personalidade. Sorprende o equilibrio entre o sabor afrutado e un leve amargor. A combinación de lúpulos da un carácter único, cun lixeiro retrogusto amargo e lixeira pola calidade da auga do manantial de Chan de Gándara.

Maridaxe: Combina con ensaladas, frutos secos, pescado e verdudas a prancha. Moi adecuada para apertivos ou picoteo.

Envío
  • Envío 24/48h a toda España peninsular.
  • Custo do envío: 6,90€
  • Envío GRATIS para compras de máis de 60€.

Tamén podemos ofrecerche