Cervexa Artesanal 'Curuxa Black'

Imaxes do produto

Cervexa Artesanal 'Curuxa Black'
€12,00

Dispoñibilidade: En stock

Cervexa Artesanal fabricada en Ponteareas (Galicia)

Tipo de Cervexa: Bock Alemán
Formato de Venda: Botella 33 cl.
Coste unitario: 2,00€+IVA

* Campos obrigatorios

Descripción

CURUXA BLACK  é unha cervexa de baixa fermentación ao estilo Bock alemán. Unha cervexa con carácter, alta gradación e un equilibrado balance entre os sabores e aromas. De gradación alcohólica media, apunta maneiras dunha gran cervexa.

  • Cor (EBC) = 52
  • Amargor (IBUS)  = 24,5
  • Cont. Alcohol = 6,5% VOL

Ingredientes da cervexa CURUXA BLACK

  • Maltas: Malta Pils, Viena, Caramelo, Chocolate e Black.
  • Lúpulos: Hallertau.
  • Fermento: Sáflager 04.
Nota de Cata

Aspecto: Negra cunha fina e cremosa espuma branca.

Aroma: En nariz presenta notas a torrefacto, café e chocolate, aromas a malta, pan tostado e un lixeiro toque herbal..

Sabor: Unha cervexa de sabor intenso e bo balance no que destaca o contido das maltas tostadas sobre o lúpulo que achega un moi lixeiro amargor final. De grolo fácil a pesar da súa gradación, corpo medio alto e bo balance final.

Maridaxe: Carnes asadas ou guisos, comidas especiadas e sobremesas de chocolate, caramelo ou flan..

Envío
  • Envío 24/48h a toda España peninsular.
  • Custo do envío: 6,90€
  • Envío GRATIS para compras de máis de 60€.